Novos Galaxy Watch de Samsung

Ademais do novo Galaxy Note9, do que xa falamos, Samsung aproveitou o Unpacked celebrado na tarde de onte para anunciar o Galaxy Watch do 2018, o novo smartwatch da compañía, que estará dispoñíbel en dous tamaños de esfera para adaptarse a diferentes perfís: 46 ou

Galaxy Watch (46 mm)

O modelo de 46 mm de diámetro conta cunha pantalla de 1,3 polgadas circular Super AMOLED con resolución 360 x 360 píxeles Always On e con protección Corning Gorilla DX+. A súa batería é de 472 mAh de capacidade e pesa 63 gramos.

Estará dispoñíbel en cor prata con correas intercambiábeis estándar de 22 mm Negro Ónix, Azul Mariño Profundo ou Gris Basalto.

Galaxy Watch (42 mm)

O modelo de 42 mm leva unha pantalla Super AMOLED circular de 1,2 polgadas con resolución 360 x 360 píxeles, tamén Always On e con protección Corning Gorilla DX+. Neste caso, a reducción do tamaño tamén implica unha redución da batería, que queda nos 270 mAh de capacidade.

Poderase mercar en dúas cores, ouro rosa ou negro, con correas intercambiábeis de 20 mm de cor Negro Ónix, Gris Lunar, Vermello Terracota, Amarelo Lima, Violeta Cosmo, Rosa, Beige, Gris Nube e Marrón.

Especificacións comúns

Ambos modelos veñen co procesador Samsung Exynos 9110 Dual-Core a 1.15 GHz, 768 MB de memoria RAM e 4 GB de almacenaxe interna. A conectividade é Bluetooth 4.2, WiFi b/g/n, NFC, A-GPS / Glonass e opción de collelo con 4G – LTE.

Así mesmo levan acelerómetro, xiroscopio, barómetro, lector de pulso cardíaco, sensor de iluminación, e resistencia a inclemencias (auga 5 ATM e estándares IP68 e MIL-STD-810G. Como sistema operativo contan con Tizen, unha opción pola que Samsung leva tempo apostando logo de probar sorte con algún modelo con Android Wear.

Dispoñibilidade e prezos

Todos os modelos chegarán ao noso país o 7 de setembro, aínda que se poderá facer a reserva desde o día 24 de agosto. Polo de agora Samsung non confirmou o prezo, pero atendendo ás equivalencias dólar – euro, falaríamos duns 350 euros para o modelo máis pequeno.

Sobre o autor

Reply