We Lowi, a campaña da marca low cost de Vodafone para captar novas clientas

Lowi, a marca de baixo custe da británica Vodafone, segue a axitar o mercado durante este verán. Se primeiro foron os 60 GB de datos gratis para todas as clientas a consumir nos dous meses do período estival, agora veñen de lanzar outra campaña chamada “We Lowi”.

Esta campaña vén a ser un programa de fidelización, grazas ao cal unha clienta de Lowi pode gañar un máximo de 32 euros por amiga que leve á compañía.  O funcionamento é moi sinxelo: logo de rexistrarse en We Lowi co mesmo correo electrónico que se use para a xestión de cliente, accederase á listaxe de produtos que se poden recomendar, de maneira que teremos as ligazóns que debemos pasar ás nosas amizades interesadas na marca.

A cantidade económica a recibir varía segundo o produto recomendado. Así, unha usuaria que só contrate móbil suporá unha recompensa de 15 €; 20 € no caso dun produto de fibra e 32 € se apostan por un servizo converxente fixo e móbil, tal e como se pode ver na seguinte táboa.

No sitio privado de We Lowi é moi completo, pois ademáis de facer recomendacións de productos coma vos comentabamos, tamén veremos o estado das nosas recomendacións, e de chegar até o final, Lowi concederanos a recompensa nun prazo que pode chegar aos 50 días. Hai que ter en conta que o máximo de aportacións que podemos facer por ano, son 5 amigas.

Para que este programa fose completo, pensamos que algun detalle de benvida podería ter tamén a nova clienta, pois todos os beneficios van dirixidos ás clientas antigas. Nesta ligazón, podedes ver máis polo miúdo todas as características de We Lowi.

Sobre o autor

Reply