Así é o Action X3, o novo todoterreo de Crosscall

Hoxe queremos achegarvos unha nova proposta da empresa Crosscall, adicada á fabricación de tecnoloxía resistente dirixida a profesionais ou deportistas que lle exixen o máximo aos seus gadgets en canto a resistencia. Desta volta temos entre nós o Croscall ACTION-X3, un terminal estanco, resistente e con moita autonomía. Como principal novidade destaca o sistema magnético X-LINK co cal podemos cargar ou transferir datos sen fíos de xeito sinxelo.

Malia tratarse dun terminal pensado para os entornos máis extremos, o trebello non deixa de lado o apartado multimedia, polo que conta cunha pantalla HD de 5 polgadas. No apartado fotográfico temos unha cámara frontal de 5 megapíxeles e unha traseira (principal) de 12 megapíxeles, que leva tecnoloxía Large Pixel para facer fotos de maior calidade, algo que non sempre atopamos neste tipo de terminais.

Se imos ao seu interior atopámonos cun procesador Qualcomm de oito núcleos a 1,4 GHz, 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB de capacidade. Como sistema operativo leva Android 7.2 Nougat.

Por riba de todo isto, ao estar diante dun terminal resistente, cómpre resaltar o excelente agarre do ACTION-X3 e a presenza da norma STD 810G de orixe militar, que garante a resistencia a todo tipo de golpes e caídas. Ademáis co protocolo IP68 presente neste terminal, poderemos metelo de baixo da auga durante 1 hora até a 2 metros de profundidade.

O ACTION-X3 pódese atopar en moitas tendas online por un prezo aproximado de 300 euros.

Sobre o autor

Reply