Vodafone ofrece de balde un ano de TV Total e outros 25 GB de datos para setembro

A operadora Vodafone vén de anunciar unha nova promoción que, a diferenza do que adoita acontecer, está destinada tanto ás usuarias actuais da compañía como ás novas clientas que cheguen entre o 20 de agosto e o 30 de setembro, coincidindo coa época de “volta ao cole”.

A promoción consiste en que todas as usuarias de produtos converxentes poderán disfrutar sen custe adicional do paquete Vodafone TV Total durante un ano, un servizo que ofrece un amplo catálogo de series, cinema, contidos infantís, deportivos e entretemento, incluíndo máis de 120 canles liñais e milleiros de contidos baixo demanda.

Entre estes contidos destacan HBO España (coas temproadas completas de Game of Thrones, Sharp Objects, …), AXN Now (estreas exclusivas e series como The Good Doctor ou Quantico), FOX Play (con The Walking Dead e outras series) e Disney (con todas as series máis representativas de Disney Channel, Disney XD e Disney Junior.

Por poñer un exemplo de tarifa, unha usuaria de Vodafone pode disfrutar por 52  € de 4 GB no móbil con chamadas ilimitadas, teléfono fixo ilimitado, fibra 100 Mbps simétrica e TV Total por 52 euros ao mes. A promoción, como xa avanzamos, está dispoñíbel desde o próximo 20 de agosto até o 30 de setembro, ambos incluídos, nas canles habituais da operadora.

Paquetes adicionais de cinema e fútbol

De forma promocional, as usuarias de Vodafone TV tamén poderán incorporar por 5 euros ao mes durante un ano (metade de prezo do habitual) o Pack Cine, no que se inclúen grandes estreas como Star Wars: Os últimos Jedi en Movistar Estrenos, e Filmin, a plataforma de cinema con máis de 7.000 películas de todos os xéneros e épocas.

Doutra banda, tamén está dispoñíbel por 5 euros o paquete Fútbol, que inclúe 8 partidos de LaLiga Santander por xornada (sempre un do Fútbol Club Barcelona ou do Real Madrid), a Copa do Rei e LaLiga 1|2|3. Ademais, un partido por xornada será emitido en 4K. Como nota, aquelas usuarias que xa oo tiñan contratado durante a temporada pasada, poderán disfrutalo de forma gratuíta durante toda a tempada 18/19.

Finalmente, as usuarias poden completar a oferta de televisión con servizos como Netflix, Más Series (inclúe Movistar Series), Pack Adulto ou o Pack Caza).

25 GB adicionais para todas as clientas durante o mes de setembro

Durante o verán Vodafone agasallou aos seus clientes con 25 GB de datos adicionais ás súas tarifas para disfrutar nos meses de xullo e agosto. Agora volve revivir esta promoción ofrecendo outros 25 GB extra de forma automática no mes de setembro nas liñas de contrato móbil ou converxente.

Con esta promoción, que se suma aos diferentes cambios tarifarios que inclúen o uso de aplicacións de mensaxería sen límites (e en moitas tarifas, tamén o uso das redes sociais), Vodafone semella estar probando a capacidade da súa rede cara o lanzamento dunha tarifa comercial ilimitada como as que existen noutros países da nosa zona.

Sobre o autor

Reply