Yoigo regalará dispositivos Google Home á súa clientela

As operadoras continúan anunciando as súas ofertas e promocións de cara a campaña de “volta ao cole”, e desta vez temos que falar de Yoigo, unha das marcas do cuarto operador MásMóvil. A diferenza da súa competencia, a operadora non fai unha aposta en prezo, senón que decidiu apostar por ofrecer produtos e servizos sen custe adicional.

O máis rechamante desta oferta é que tanto as usuarias actuais como as novas clientas de Yoigo con produtos converxentes recibirán un Google Home. Deste modo, quen teña contratado ou contrate Fibra + SinFin 25 Gb recibirá o modelo estándar e quen leve Fibra + SinFin 3 Gb terá o Google Home Mini, en ambos casos sen custe adicional.

Ademais, Yoigo ampliou o seu catálogo con máis de 20 smartphones gratuítos, e engadiu novos lanzamentos como o Samsung Galaxy Note9, que se pode conseguir por 25 euros ao mes coa tarifa Fibra + SinFín GB infinitios.

En canto ás tarifas, Yoigo mantén a súa proposta de gigas ilimitados no móbil con fibra de 300 megas por 99 euros, á que hai que engadir a posibilidade de contratar unha liña DUO de balde, con chamadas ilimitadas e datos compartidos coa liña principal. Ademais, desde xullo Yoigo regala as cotas de SKY TV até finais de ano

Sobre o autor

3 Comments

  1. Rubenix 29 Agosto, 2018 Responder
  2. freixo 31 Agosto, 2018 Responder

Reply