Wiko anuncia os novos Sunny3 e Sunny 3 Mini

Wiko vén de anunciar o lanzamento do Sunny 3 e do Sunny 3 Mini, dous modelos que chegan para renovar a liña de teléfonos máis básica da compañía. Destacan, ademais de polo colorido abano de opcións, por levar Android Oreo TM (Go Edition), a versión reducida de Android especialmente pensada para os trebellos máis modestos.

Ambos dispositivos están equipados cunha capa traseira de silicona que os fai máis resistentes aos golpes, característica que pode ser interesante para persoas maiores que queren “un móbil para o WhatsApp” ou como primeiro móbil para as pequenas da casa.

O Wiko Sunny 3 incorpora unha pantalla HD de 5 polgadas, mentres que o Sunny 3 Mini queda nas 4 polgadas, estando destinado ás persoas que queren algo máis pequeno. En calquera caso, o resto de características – agás a batería – son idénticas. As máis relevantes son as seguintes:

  • Procesador de catro núcleos a ,3 GHz
  • 512 GB de memoria RAM
  • 8 GB de memoria interna (+64 GB en microSD)
  • 2000 / 1400 mAh de batería.
  • Cámaras de 5 / 2 Mpx.

Como pode extraerse da folla de especificacións, ambos son modelos extremadamente sinxelos e cunhas características moi básicas, polo que non debemos agardar marabillas deles. Porén, como xa avanzamos, poden ser unha opción a ter en conta como móbil – só – para – Whatsapp ou similar.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos dispositivos chegan ao mercado a través das canles de distribución da compañía, que inclúen tanto o mercado online como establecementos comerciais (MediaMarkt, ….). En canto aos prezos, o Wiko Sunny 3 ten un PVP de 64 euros, mentres que o Wiko Sunny 3 Mini custará 59 euros.

Sobre o autor

Reply