Dígame, un novo operador virtual con tarifas moi axustadas

Malia que nos últimos anos foron varios os operadores virtuais que desapareceron, hoxe temos que falar dun que vén de nacer: chámase Dígame e ofrece unha serie de plans con prezos moi axustados empregando a cobertura 4G de Orange.

Todos os plans inclúen de serie 100 SMS de balde ao mes, e unha franquía de datos e minutos que varía segundo o prezo de acordo cas seguintes combinacións

  • 1 GB + chamadas a 0 cént/min: 5 €/mes
  • 1 GB + 100 minutos: 6,90 €/mes
  • 5 GB + 150 minutos: 9,90 €/mes
  • 6 GB + 150 minutos: 11,90 €/mes
  • 200 minutos: 4,90 €/mes
  • 2 GB + 200 minutos: 8,90 €/mes
  • Ilimitadas: 8,90 €/mes
  • 10 GB + ilimitadas: 12,90 €/mes
  • 20 GB + ilimitadas: 17,90 €/mes
  • 25 GB + ilimitadas por 20,90 €/mes

Como curiosidade, unha vez que se consumen os datos contratados redúcese a velocidade durante 1 GB adicional e, a continuación, córtase a conexión a menos que se engada un bono de datos adicionais.

Para darse de alta ou facer unha portabilidade hai que acudir á súa páxina web, https://digame.es/, aínda que o proceso non é automático, xa que hai que deixar os datos para que a empresa contacte para facer o trámite.

Sobre o autor

Reply