O fabricante francés Archos aproveitou a súa presenza no IFA de Berlín para anunciar novidades no segmento das tablets, coa nova Oxygen 101 4G, e tamén no dos accesorios para o fogar, dando a coñecer un novo cargador sen fíos que é, ao mesmo tempo, un altofalante.
Archos Oxygen 101 4G
A nova Oxygen 101 4G destaca por ser unha tablet de baixo custo con conectividade 4G, o que permite terlle unha SIM para conectarse en calquera lugar, sen se ter que preocupar de ter acceso a redes WiFi.
Leva unha pantalla IPS de 10 polgadas con resolución HD (800 x 1080 píxeles), e no seu interior alberga un procesador de catro núcleos con GPU Mali 720, xunto con 2 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna. A súa batería de 5000 mAh de capacidade, e dispón de cámaras dianteira e traseira de 2 megapíxeles.
Está previsto que chegue ao mercado europeo a partir do último trimestre do ano por 149 euros.
Archos Universal Wireless Charge & Play
Por outra banda,o fabricante francés tamén anunciou un cargador sen fíos que dispón de 3 puntos de carga inarámicos simultáneos e tres ranuras USB universais, o que fai que sexa un accesorio moi interesante para cargar todos os nosos dispositivos.
Dispón de certificación Qi con 3 bobinas de 5W cada unha, e tres USB, dous de 5 V / 2.4A e un de carga rápida 3.0. Así mesmo, tamén inclúe os cables USB tipo C e microUSB necesarios, de maneira que non teremos que empregar os que teñamos por casa ou facernos con outros á parte.
Porén, ademais de servir de punto de carga tamén é un altofalante Bluetooth, con son de alta fidelidade. Deste xeito, as usuarias poden escoitar novas da web ou ver vídeos desde YouTube mentres se carga o teléfono.
Está previsto que este cargador chegue ao mercado, ao igual que a tablet, no último trimestre do ano. O seu prezo será de 79 euros.