MIUI 10 engade un limpador de Whatsapp

Xiaomi comezou a distribuir entre os seus terminais a nova capa de personalización, MIUI 10. Entre as novedades que incorpora, queremos destacar unha funcionalidade que nos permite limpar os arquivos que almacena Whatsapp dun xeito moi sinxelo.

Ademáis dos catafoles nos que almacena as imaxes, videos, documentos e outros, tamén existen outros cartafoles, menos visíbeis cos arquivos que nos enviamos. Se non facemos limpeza con certa regularidade, os terminais menos capaces poden quedar con pouca memoria.

Xiaomi para poñer algo de orde, no apartado de seguiridade, vén de implementar unha ferramenta que nos amosa os tipos de arquivos que temos e canto ocupan. Porén, unha eiva importante é que non permite borrar todos as fotos, vídeos,… que temos, e para facer unha limpeza profunda, temos que pasar si ou si, pola app de Whatsapp.

E vós, que pensades deste tipo de aplicacións e da integración nos vosos terminais?

Sobre o autor

Reply