A medida que os terminais con dobre cámara van gañando protagonismo, xa hai quen aposta pola introdución do terceiro sensor na parte traseira. Se ben é certo que o terminal máis relevante deste tipo de configuración é o Huawei P20 Pro, agora é Samsung quen se lanza á moda, desta vez incorporándoa nun modelo de gama media.
Estamos a falar do Samsung Galaxy A7 (2018), un dispositivo do que aínda non se coñece a súa folla de especificacións completa, pero que vén de ser filtrado en varios renders que deixan ver esta característica. Porén, polo de agora non se sabe que uso vai propor o fabricante para elas.
Outra curiosidade deste terminal é que, por vez primeira, Samsung porá o lector de pegadas dixitais nun lateral do trebello, o que nos lembra á estratexia seguida por Sony nalgúns dos seus smartphones de hai uns anos.
O próximo 11 de outubro Samsung ten convocados aos medios a un evento para anunciar, cando menos, un novo modelo de smartphone Galaxy, baixo un convite no que se pode ver un “4X”. Irá isto referido ás 4 + 1 cámaras que leva o trebello?