Novo Wiko Harry 2, con pantalla infinita por menos de 100 euros

Hai ano e medio Wiko anunciou o Wiko Harry, un modelo que destacaba por incluír 3 GB de memoria RAM por 159 euros. Agora, o fabricante francés – especializado na gama entrada de Android – dá paso ao Wiko Harry 2, un terminal no que o que chama a atención é a súa pantalla e, sobre todo, o seu prezo.

O novo Wiko Harry 2 integra unha pantalla infinita de 5,45 polgadas, con formato 18:9 e resolución HD+ (1440 x 720, 295 ppp). No seu interior atopámonos cun procesador MediaTek de catro núcleos, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 13 megapíxeles, mentres que a frontal é un sensor de 5 megapíxeles con flash. A súa batería é de 2900 mAh de capacidade, e en canto ao sistema operativo, ponse á venda con Android 8.1 Oreo.

Dispoñibilidade e prezo

O Wiko Harry 2 xa se pode mercar en varias tendas, e está dispoñíbel en catro cores (antracita, vermello, dourado e turquesa). O seu prezo, 99 euros, fai que sexa unha alternativa interesante de cara ás usuarias que precisan pouco dun móbil.

Sobre o autor

Reply