Asus anuncia o Chromebox 3, con procesadores Intel de 8ª xeración

A semana pasada Asus anunciou o Chromebox 3, un novo modelo de “box” baseada en ChromeOS que vén equipada con procesadores Intel da 8ª xeración, ademais de conectividade USB Tipo C e memoria SSD que chega até os 256 GB.

Dispoñíbel en varias versións atendendo ao procesador (Intel Core i3, Core i5 ou Core i7), á RAM (4, 8 ou 16 GB) e á almacenaxe interna (de 32 a 256 GB), o Chromebox 3 tamén esté equipado cun porto USB 3.1 tipo C de alta velocidade, o que permite conectar dúas pantallas 4K UHD para disfrutar da calidade de imaxe máis nítida.

Grazas ao soporte integrado con Google Play, a través do trebello podemos descargar as aplicacións máis populares de Android, o que fai que sexa un dispositivo máis versátil, xa que, como temos comentado anteriormente, os dispositivos baseados en ChromeOS están moi orientados a usarse conectados á rede.

Se falamos de conectividade, o Chromebox 3 integra redes sen fíos WiFi ac e Bluetooth 4.2, ademais de LAN Gigabit Ethernet.  En canto aos conectores físicos, leva dous USB 3.1, un auricular jack de 3.5 mm e unha ranura para microSD na parte frontal, e 3 USB 3.1, 1 USB 2.1 tipo C, 1 HDMI e 1 entrada DC na parte traseira.

Se falamos de prezos, este varía dacordo ao modelo concreto elixido. Por poñer un exemplo, o que leva un procesador Intel Core i3, 4 GB de RAM e 64 GB de interna vale 499 euros, e pode mercarse de maneira inmediata.

Sobre o autor

One Response

  1. Andrés 11 Outubro, 2018 Responder

Reply