Samsung actualiza a familia J cos Galaxy J4+ e Galaxy J6+

Samsung anunciou a semana pasada a chegada de dous novos terminais de gama entrada, a serie J, que chegan para complementar a familia de dispositivos Android da compañía nunha gama de prezo máis axustada. Falamos dos novos Galaxy J4+ e Galaxy J6+.

Samsung Galaxy J4+

O Galaxy J4+ está equipado cunha pantalla de 6 polgadas con resolución 720 x 1480 píxeles, e no seu interior alberga un procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, que poderá estar acompañado de 2 GB de RAM con 16 GB de memoria interna ou a combinación 3 + 32 GB, en calquera dos casos ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 512 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 13 megapíxeles, cuxo punto forte é a focal de f/1.9. Do outro lado, na parte dianteira temos unha cámara de 5 megapíxeles con f/2.2. Completando a ficha de características temos NFC, unha batería de 3.300 mAh de capacidade e Android 8.1 Oreo aderezado con Android Experience.

Samsung Galaxy J6+

Do outra banda temos o J6+, un terminal moi semellante ao J4+ pero algo máis ambicioso. As semellanzas entre ambos dispositivos son moitas, polo que só nos centraremos nos cambios, que son os seguintes:

  • En canto ás opcións de almacenamento temos dúas versións, 3 + 32 GB ou 4 + 64 GB, para memoria RAM e interna, respectivamente.
  • No apartado fotográfico, a cámara principal pasa ser dobre, mantendo a cámara primaria igual ca no J4+ pero engadindo un segundo sensor de 5 megapíxeles.
  • Sensor de pegadas dixitais lateral.

Dúas alternativas para  gama básica de Samsung

Como pode verse, sorprende a existencia destes dous terminais como modelos diferentes, xa que realmente deberían ter sido presentados como versións diferentes dun mesmo modelo, xa que son máis as semellanzas entre eles que as súas diferenzas.

Samsung decidiu integrar un procesador sinxelo, pero suficiente para as usuarias que só usan o móbil para manterse en contacto e redes sociais, pero a cambio mellora notabelmente aspectos como a cámara, ou a integración de NFC para achegar o pago móbil a todas as gamas de produto.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos trebellos chegan esta mesma semana ao mercado no noso país a través das canles habituais da marca. O J4+ custará 189 euros, mentres que o J6+ poderase mercar por 239 euros.

Sobre o autor

Reply