Novos Huawei Mate 20 e Mate 20 Pro

Huawei anunciou esta semana a renovación da súa familia máis premium cos novos modelos Huawei Mate 20 e Mate 20 Pro, uns dispositivos cos que a marca aspira a competir en pé de igualdade con Samsung e Apple. Ambos modelos están equipados co último microprocesador da compañía, o Kirin 980, o primeiro comercial fabricado en 7 nanómetros.

Huawei Mate 20

O Huawei Mate 20 destaca polo seu deseño, con dobre cara de cristal, e polo seu notch minúsculo na parte frontal. O sensor de pegadas fica na parte traseira, preto dass tres cámaras, que forman un cadrado xunto co flash.

No seu interior integra o Kirin 980, xunto con 4 ou 6 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas NM (un novo formato expclusivo de Huawei). A pantalla é de 6,54 polgadas, con relación de aspecto 18,7:9 e unha resolución 2240 x 1080 píxeles.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira triple, formada por un sensor de 12, outro de 12 e un terceiro de 8 megapíxeles, con flash LED de dobre ton. Por diante, a cámara fica nos 24 megapíxeles.

Completando a lista de especificacións temos unha batería de 4000 mAh de capacidade con carga rápida, USB C, dual SIM, e jack de audio de 3.5 mm. O sistema operativo é Android 9 – Pie, aínda que con EMUI 9.

Huawei Mate 20 Pro

Malia conservar o mesmo procesador e as mesmas opcións de memoria, o apelido “pro” significa gañar bastante en especificacións técnicas. Neste caso a pantalla fica nas 6,39 polgadas con resolución 3120 x 1440 píxeles e tecnoloxía OLED, e a cámara principal tramén mellora até ser unha combinación de sensores de 40, 8 e 20 megapíxeles.

A diferenza do recoñecemento facial básico (e polo tanto, pouco seguro) que emprega Huawei no resto de dispositivos, o Mate 20 Pro é o prmeiro que integra 3D Depth Sensor,  semellante ao dos últimos modelos de Apple, moito máis seguro e, agora si, unha opción a empregar con tranquilidade. Isto obriga a levar a cabo un cambio de deseño, ampliando tamén o notch frontal.

Así mesmo, elimina o sensor de pegadas dixitais da parte traseira para integralo na pantalla e achega, por fin, resistencia á auga e ao pó segundo o estándar IP68. Así mesmo, a súa batería medra até os 4200 mAh, con posibilidade de carga sen fíos e, nisto tamén é especial, cargar outros dispositivos sen contacto.

Potencia e fotografía, as grandes apostas de Huawei

Como vimos na folla de especificacións, ambos modelos son dispositivos de grandes prestacións, e que vendo a experiencia de outros terminais anteriores da marca, a potencia é un dos seus puntos fortes, algo que por outra parte tamén é obvio se estamos a falar de modelos de alta gama.

Do outro lado temos o aspecto fotográfico, no que Huawei fixo grandes avances nos últimos tempos, no camiño de achegarse  e pisarlle os talóns aos fabricantes que neste aspecto van máis avanzados. Neste senso, destaca o Mate 20 Pro, coa súa cámara ultra wide de 20 megapíxeles, capazde captar toda a escena.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos modelos xa se poden adquirir cos seguintes prezos oficiais.

  • Mate 20 4 + 128 GB: 799 €
  • Mate 20 6 GB + 128 GB: 849 €
  • Mate 20 Pro 6 + 128 GB: 1049 €

Porén, vista a estratexia que está a seguir Huawei este ano para avanzar en cota de mercado, aínda que sexa perdendo en termo esconómicos, sería de esperar que en cuestión de dous meses poidamos atopalos con rebaixas de até 100 euros ou regalos promocionais.

Sobre o autor

Reply