Google Maps amosará un mapa de lugares para recargar o coche eléctrico

Un tema de moita actualidade son os problemas das usuarias de vehículos de combustión no centro das grandes cidades, especialmente o diesel. Por iso cada día xurden novas relativas ao cambio de modelo, e a expansión do coche eléctrico. Guste máis ou menos, semella que o camiño queren que se xa este, eléctrico.

Pois ben, algunhas das eivas nas ventas de coches eléctricos é a autonomía, a velocidade de carga e a rede de puntos de recarga. Certo é que até o de agora, existen apps que amosan puntos de recarga, distancias,… ás propietarias de coches eléctricos, pero a nova importante neste tema é que Google Maps súmase ás alternativas para planificar viaxes.

O sistema non pode ser máis doado, con escribir algo así como “estacións de carga EV”, o mapa amosará os puntos de recarga nunha zona predefinida. E así poderemos consultar, dirección, horarios, número de portos, velocidade de recarga,… entre outros datos de interese típicos da app coma imaxes ou comentarios doutras usuarias.

Con este movemento de Google, planificar unha viaxe será máis doada para as novas compradoras de vehículos eléctricos, que entran nun novo mundo do que teñen que aprender moitas cousas como consumos en kwh e non en litros. Agora, pódense aforrar buscar e aprender a usar unha nova app específica coma pode ser a de Electromaps, pois Google Maps é moito máis coñecida para estas novas usuarias de coche electríco, e de agora en diante incorporá parte das opcións que ofrecían outras apps máis especializadas.

Segundo anuncia Google, esta nova funcionalidade estará dispoñíble xa mesmo cunha incorporación escalonada nos nosos terminais.

Sobre o autor

Reply