Xiaomi presentou hai unhas poucas semanas un novo terminal situado dentro da gama media. Trátase do Xiaomi Redmi Note 6 Pro, do cal xa coñeciamos todas as súas especificacións, mais faltaba por saber o seu prezo.
Pois ben, a axencia de comunicación comunicou que o Redmi Note 6 Pro podémolo atopar no noso país por 199€ en todas as tendas físicas de Xiaomi, e en Aliexpress cun prezo especial promocional de 179€.
Certo é que o prezo pode non dicir moito, pois o smartphones de Xiaomi destacan polas súas boas especificacións a un prezo contido. Por iso, lembremos do que estamos a falar. Por algo menos de 200€, atopamos un smartphone con:
- Procesador Snapdragon 636.
- 3 GB de RAM.
- 32 GB de memoria interna.
- Pantalla 6,26″ e resolución FHD+ de 2280 x 1080 px.
- Batería 4000 mAh con carga rápida.
- Dobre cámara principal e frontal. Para a principal atopamos sensores de 12 e 5 mpx con funcións de IA para o modo retrato e detección de escenas entre outras. Na parte dianteira atopamos un sensor principal de 20 e 2 mpx, que garante fotografías de calidade mesmo con pouca luz.
- Android 8.1 con Miui 9.
- E outras funcionalidades habituais hoxe en día: lector de pegadas dixitais e desbloqueo facial.
Tede en conta que por este prezo contamos cun deseño actual pois conta co desexado por moitas e odiado por outras, o nocth co que logramos ese efecto de (case)todo pantalla. Ademáis, Xiaomi ofrécenos 3 posibilidades de cor, podendo elixir entre o azul, negro e ouro rosa.
Para rematar, cómpre saber que existe outra de configuración un chisco superior para as máis exixentes que mellora os datos de memoria RAM e almacenamento, podendo elixir por 249€, unha unidade con 4 GB de RAM e 64 de memoria.