Motorola traballa con iFixit para crear kits de reparacións

Motorola quere facilitar o proceso de reparación dos seus dispositivos, e deste xeito vén de asociarse con iFixit para pór en marcha esta idea.

Como vos comentamos, grazas á alianza entre as dúas empresas imos poder reparar os nosos terminais de Motorola, pois iFixit está vendendo kits de reparacións dos terminais desta marca. Estes kits contan tanto con ferramentas específicas coma as pezas de recambio necesarias.

Ademáis de pezas e materiales, nos kits tamén podemos atopar unha guía que vos leva polos pasar necesarios para facer a reparación. Nalgúns casos, pode que atopedes na canle de Youtube de iFixit, un video co paso a paso para desmontar o voso Motorola, o que sempre é de moita axuda.

Os kits de reparación van desde os 40 euros do máis básico podendo chegar a custar até 200 euros, dependendo da reparación que precisemos. Grazas a isto, as usuarias poderán facer as súas propias reparacións sen pasar polo servizo técnico cos custos de tempo e prezo que iso supón. Como todo, isto ten pros e contras e temos que ter en conta da nosas capacidades e de non ter certa habilidade ou paciencia, podemos facer unha desfeita rompendo algo que non deberiamos durante a desmontaxe.

Para rematar, temos que recoñecer que existen multitude de kits de ferramentas para traballos de precisión, repostos e vídeos explicativos para reparar un terminal, pero é de agradecer que unha empresa poña todas as facilidades, de xeito oficial, por así dicilo ás usuarias para reparar os seus trebellos do xeito máis doado posíbel.

Sobre o autor

Reply