Samsung tamén eliminirá o jack de auriculares

A eliminación do jack de 3.5 para auriculares nos smartphones é unha tendencia que apareceu xa hai algún tempo, e pouco a pouco máis marcas van sumándose a ela. Desta volta temos que falar de Samsung, que xa anunciou que procederá á súa eliminación nos vindeiros terminais de gama superior.

Iso si, polo de agora non concretou cando comezará a implantar esta medida, mais se especula que será a partir da fornada de dispositivos de 2020.

As razóns que levan aos fabricantes a tomar este camiño son, principalmente, dúas. Por unha banda está a estandarización do USB-C, que permite conectar uns auriculares directamente (se levan esta conexión) ou a través dun adaptador, que moitos fabricantes xa están a incluír no pack de venda. Por outro lado está a proliferación dos auriculares sen fíos, unha solución que cada vez escollen máis usuarias.

Vendo como está o panorama queda claro que o futuro máis inmediato pasará pola eliminación dos auriculares con fíos, unha moda que tamén está a chegar á carga, onde xa se iniciou o camiño para a eliminación dos cables.

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 31 Outubro, 2018 Responder

Reply

Deixa una resposta a Rubenix Cancelar a resposta