Facebook levará publicidade a Whatsapp no 2019

Xa é oficial: WhatsApp vai amosar publicidade. Os fundadores da aplicación sempre renegaron de calquera opción que interferise na comunicación entre as usuarias, pero a xente de Facebook non concordaban con esta idea, e desde que mercaron a popular aplicación de mensaxería estiveron analizando como xerar ingresos con ela, aproveitando así o gran número de usuarias que ten Whatsapp.

Semella que polo de agora a idea é que esta publicidade apareza unicamente nos estados da aplicación, de xeito semellante á que podemos ver nas Stories de Instagram (cómpre lembrar que Instagram tamén forma parte de Facebook). Pois ben, a implementación desta medida está prevista para o vindeiro ano.

O maior problema desta nova é que Facebook abre unha porta perigosa, pois nada nos asegura que o seguinte paso sexa que esta publicidade apareza no medio das nosas conversas.

Sobre o autor

Reply