Unha das novas curiosas destes últimas días foi que Google vén de vencellarse con iRobot para poder compartir datos. Grazas a este acordo Google terá aos datos recopilados polas Roomba’s (os aspiradores autónomos desenrolados por iRobot) para poder coñecer de primeira man as formas dos nosos fogares.
A idea é que todos eses datos sexan implementados por Google Assistant, de maneira que poidamos manexar estes robots aspiradores desde o noso smartphone ou a través de Google Home. Así, se temos Google Home e unha Roomba poderemos dar ordes de voz ás aspiradoras.
Grazas a este acordo Google será quen de recoñecer os espazos polos seus nomes, aínda que non terá acceso a outro tipo de informacións como a distribución en si. Ademais, desde iRobot comunican que non teñen pensado entrar no negocio da publicidade de Google cedendo máis datos da conta.
Cada día, coñecemos novas dirixidas a liberarnos de tarefas diarias que a día de hoxe poden ser executadas de xeito remoto. Cada unha de nós, terá entón que decidir o peaxe a pagar e a perda de intimidade cedendo cada día máis información e dando a coñecer datos tan privados como dar a coñecer o interior dos nosos fogares.
De calquera xeito, axiña teremos a posibilidade de dicir: OK Google!, límpame o cuarto (cunha Roomba, claro está). Será decisión nosa.