Flex, o novo teclado universal de Zagg para tablets, smartphones e smartvs

O fabricante de accesorios Zagg vén de anunciar o lanzamento dun novo teclado universal que incorpora un lixeiro soporte e é compatíbel con tablets, smartphones e a meirande parte dos televisores intelixentes. Trátase do Zagg Flex.

O seu deseño fino está destinado a facilitar o seu transporte, e o modo de funcionamento é a través da tecnoloxía sen fíos Bluetooth, na liña de favorecer a súa compatibilidade con todo tipo de produtos, aínda que polo seu tamaño resulta especiamente interesante para as tablets e as smartv.

A forma da súa cuberta protectora fai que o propio teclado poida funcionar como soporte para soster o smartphone ou a tablet nun ángulo que facilita a visión da pantalla, ao estilo dos convertíbeis ou dos portátiles

Doutra banda, é preciso sinalar que dispón de retroiluminación para facilitar a escritura en ambientes pouco iluminados; esta iluminación pode ser nun total de sete cores diferentes. Así mesmo, a súa batería achega unha autonomía que pode chegar ao ano de uso entre cargas, polo que se semella que isto non vai supór ningún problema.

O novo teclado Zagg Flex xa está dispoñíbel para poderse mercar a través da web ou en varios centros nos que se distribúe a marca por 79,99 €.

Sobre o autor

Reply