Youtube xa ten beta oficial

Non é raro atopar na Play Store versións beta de moitas apps. Unha das que non estaba era a beta de Youtube, máis iso xa ten solución, pois Google vén de anunciar que podemos atopar a versión beta na tenda oficial.

O que nos permite unha versión beta, é probar as novedades da nova versión antes de tempo, é dicir, antes de que saia a versión definitiva. A contra é que en ocasións as apps poden ter problemas de estabilidade, pero bueno, xa o sabemos cando probamos unha versión non definitiva dunha app.

O único a ter en conta, é que esta app non a podemos descargar do xeito habitual, se non que temos premer nesta ligazón, para convertirnos en tester e así accedemos á descarga da beta na Play Store. Ademáis ao ser tester, poderedes reportar erros ou problemas que pode experimentar a app, para ser corrixidos de cara á version final.

Se queredes probar as novas funcionalidades que van incorporando, non dubidedes en descargar a beta de Youtube para estár á última antes que ningúen.

Sobre o autor

Reply