O LG G7 Fit xa se pode mercar no noso país por 449 euros

LG vén de anunciar a chegada ao noso país do LG G7 Fit, unha versión que ofrece o deseño do G7 e algunhas das súas características a un prezo algo máis reducido, 449 euros. Deste xeito a compañía responde á demanda do público de terminais de altas prestacións a prezos algo máis accesíbeis.

O LG G7 Fit integra un procesador Qualcomm Snapdragon 821, un modelo da serie referencial de Qualcomm, aínda que de hai dous anos. Xunto a el temos 4 GB e memoria RAM xunto con 32 GB de memoria interna (ampliábeis mediante tarxetas microSD, e de feito inclúe unha de 32 GB no pack de venda). A pantalla é un panel IPS LCD FullVision de 6,1 polgadas con resolución QHD+ (3120 x 1440 píxeles) e 1000 nits de luminosidade.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 16 megapíxeles con apertura focal f/1.6, mentres que na parte dianteira temos un sensor de 8 megapíxeles gran angular con f/1.9. A súa batería é de 3000 mAh de capacidade, con carga rápida 3.0, e completando a folla de especificacións temos varias características premium herdadas do G7, como a cámara con intelixencia artificial, o audio Hi-Fi Quad DAC de 32 bits, o Boombox Speaker e o son envolvente DTS:X 3D.

Como avanzamos ao comezo do artigo, o LG G7 Fit xa está dispoñíbel para ser mercado no noso país por 449 euros, aínda que algunhas tendas teñéno por algo máis de 400.

Sobre o autor

Reply