A cadea de hostels Generator vén de anunciar o lanzamento dunha aplicación chamada Genfriends. Trátase dunha rede de contactos orientada a aquelas persoas que viaxan soas ou en grupos de amigos que queren socializar con outras persoas, á vez que sacan partido aos plans en grupo que poidan xurdir nos lugares que están a visitar.
A aplicación funciona baseándose nunha serie de filtros centrados nos intereses e hobbies das viaxeiras, de maneira que estan poden atopar novas amizades ou plans de maneira rápida e doada. Así, deste modo poden quedar para visitar monumentos en grupo, organizar viaxes compartidos para o transporte ou compartir experiencias ao tempo que fan turismo.
Genfriends nace a partir dun estudo levado a cabo por Generator, que concluíu que desde o ano 2015 incrementouse o número de persoas que viaxan soas e se aloxan en albergues ou hostels nun 17%. Desta maneira, o obxectivo da aplicación é conseguir que estas persoas poidan coñecer outra xente con intereses comúns cada vez que viaxan a unha nova cidade.
Máis aló da parte social, a aplicación de Genfriends tamén facilita todo o proceso de reserva e ofrece tarifas especiais para as usuarias que planifiquen a estancia desde o seu teléfono móbil. Así mesmo, a través da app tamén se ofrecen descontos do 10% na comida e bebida que se pode atopar nos aloxamentos de Generator, e até o 70% en bares e restaurantes de lugares próximos aos establecementos.
Actualmente, a rede de hostels de Generator ofrece opcións de aloxamento en moitas cidades de Europa, como Ámsterdam, Barcelona, Berlín, Copenhague, Dublín, Estocolmo, Hamburgo, Londres, Madrid, París, Roma e Venecia, así como tamén en Miami (Estados Unidos).
En canto á aplicación, se queredes probala podedes atopala e descargala totalmente de balde desde a Play Store.