A Surface Go con LTE-A chegará ao noso país a próxima semana

O pasado mes de xullo Microsoft anunciou a nova Surface Go, o modelo maís lixeiro e compacto lanzado até o de agora, que está a ter moi boa acollida, especialmente no sector empresarial pola súa versatibilidade. Agora as posibibilidades amplíanse coa chegada ao noso país da versión LTE, que permite o seu uso maís aló dos lugares onde teñamos unha WiFi dispoñíbel.

Como é lóxico, a versión LTE – Advanced resulta moi interesante para a xestión e o mantemento de dispositivos na organización, evitando o risco de que as traballadoras dunha empresa teñan que conectarse a unha WiFi, que podería ser unha opción potencialmente insegura.

A Surface Go con LTE-Advanced estará dispoñíbel no noso país a partir do 22 de novembro por un prezo de partida de 779 euros para clientes comerciais. A partir de aí o prezo pode irse incrementando conforme ás diferentes configuracións hardware dispoñíbeis.

Sobre o autor

Reply