Lowi quenta motores para o Nadal agasallando 10 GB a toda a súa clientela

Lowi, a marca virtual de Vodafone, anticípase ao Nadal cunha promoción pola cal agasalla a toda a súa clientela – carteira actual e novas altas – con 10 GB de datos en cada liña que teñan contratada coa compañía de baixo custo.

A aplicación desta promoción non é automática, senón que as usuarias deben acceder cos seus datos á área persoal Mi Lowi e solicitar a activación, liña por liña, antes do 9 de decembro, aínda que os datos poderán disfrutarse nos días que restan de novembro e decembro, xa que como acontece con todos os plans de datos da operadora o que non se utiliza nun mes súmase no mes seguinte.

Non é a primeira vez que a operadora aposta por este tipo de promocións; de feito, no mes de xuño agasallou con 60 GB ás súas clientas para que puideran disfrutar do verán case sen límites. Ademais, até hai poucas semanas mantivo a oferta de fibra e unha liña de 20 GB con chamadas ilimitadas por 34,95 €/mes para sempre, unha das ofertas máis xugosas de todas as converxentes que se ofrecen en todo o estado.

Sobre o autor

Reply