bq vende o 51% do seu capital á vietnamita Vingroup

Hai apenas unha semana fixémonos eco do acordo asinado entre o fabricante español BQ e o holding empresarial vietnamita Vingroup para contruír a que será a primeira fábrica de móbiles de bq, o que lle permite controlar todo o proceso de elaboración dos seus smarphones. Hoxe soubemos que este acordo vai un paso máis aló, xa que Vingroup vense de facer co 51% de bq, tal e como se confirma nun comunicado na súa páxina web.

Tal e como se avanzou anteriormente, o obxectivo principal deste acordo é que o grupo vietnamita acceda ao coñecemento en desenvolvemento de móbiles que ten bq, e que bq, á súa vez, poida beneficiarse de contar cunha planta de produción propia para os seus dispositivos, que estará situada na cidade costeira de Hai Phong. Esta planta ten capacidade para producir 20.000 terminais ao día.

Os terminais de bq comercializaranse en Vietnam baixo a marca VSmart, e de feito dous dos modelos do actual portfolio poderán mercarse en breve nese país. Son o bq Aquaris X2 Pro (actual modelo referencial da marca na gama media – premium) e o bq Aquaris C (modelo de referencia na gama entrada), que se venderán nese país baixo os nomes VSmart Active 1 e VSmart Joy 1.

A compañía cita aos medios a unha presentación que terá lugar o próximo 14 de decembro, no que darán a coñecer un total de catro dispositivos. Dous deles serán os que xa comentamos, e os outros dous poderían ser novos modelos que tamén poderían chegar ao portfolio de bq. Segundo algunha imaxe aparecida hoxe na rede, podería tratarse dos primeiros modelos da marca en contar con notch.

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply