Másmóvil ofrece Internet vía satélite ao 100% da poboación a través de KA-SAT

Másmóvil vén de asinar un acordo de colaboración con Eutelsat Communications para ofrecer servizos de Internet de banda larga a través do satélite KA-SAT, co obxectivo de chegar a aqueles lugares nos que non chega Internet a través de outras tecnoloxías.

KA-SAT é un satélite enviado ao Espazo en 2010 que ofrece servizos de banda larga en Europa – principalmente no Estado español – a través de 82 feixes conectados a unha rede de dez estacións terrestres. a súa configuración permite rendementos superiores aos 90 Gbps, proporcionando acceso a Internet a velocidades comparábeis ás redes terrestres.

Con este acordo Másmóvil acada de maneira doada o seu obxectivo de chegar ao 100% da poboación cos seus servizos de banda larga, reducindo a chamada fenda dixital, e cunha instalación sinxela na casa dos usuarios, xa que queda feito nunha soa vez.

Másmóvil ofrece servizos con velocidades de até 50 Mbps e franquías de datos desde 30 até os 150 GB. Os prezos comezan nos 37,90 €/mes, e tamén se pode combinar con liñas de móbil, apostando pola converxencia.

De estar interesadas neste servizo, pódese contratar a través de Internet na web https://satelite.embou.com/ ou a través dos distribuidores oficiais de Másmóvil.

Sobre o autor

Reply