Vodafone anunciou esta semana unha nova promoción pola que agasalla a unha boa parte da súa clientela cun ano de suscrición a Amazon Prime, valorado en 36 euros. Serán as usuarias que teñen contratado Vodafone One ou os plans RED e que creen unha nova conta de Amazon Prime, e poderán facelo até o día 7 de xaneiro.
A suscrición a Amazon Prime inclúe unha serie de servizos que beneficios que resumimos na seguinte listaxe:
- Prime Video. Inclúe series e películas en streaming.
- Prime Reading. Permite o acceso a centos de ebooks, historias curtas, cómics, guías de viaxe e contos infantís, entre outros.
- Amazon Family. Ofrece descontos especiais en artigos para bebés e acceso prioritario ás ofertas flash.
- Amazon Photos. Almacenaxe ilimitada de fotos coa resolución orixinal.
- Envíos gratuítos. Envíos gratuítos e rápidos en milleiros de produtos.
A oferta de Vodafone está dispoñíbel para clientes actuais e novos clientes con plans Vodafone One, Vodafone One Familia, Red S ou superiores, +Líneas M e +Líneas L. Para activala é preciso acceder á web turegalovodafone.es