Doogee relanza a “serie Y” co anuncio do novo Y7 Plus

Logo de dous anos sen recibir novidades na serie Y de Doogee, o fabricante chinés vén de anunciar a chegada dun novo modelo co que pretende revitalizala de novo. Trátase do Doogee Y7 Plus, un dispositivo destinado ao público mozo no que apostan polas cores vivas e degradados de azul, violeta e negro.

O trebello está equipado cunha pantalla de 6,18 polgadas e resolución FHD+ (2248 x 1080 píxeles), e no seu interior alberga un procesador MediaTek Helio P25 (octacore, 4 x Cortex-A53 a 2,5 GHz + 4 x Cortex-A53 a 1,6 GHz), xunto con 64 GB de almacenaxe interna ampliábeis mediante microSD de até 256 GB e 6 GB de memoria RAM.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal dobre, formada por un sensor principal de 16 megapíxeles cun secundario de 13 megapíxeles, con flash LED dual, mentres que na parte frontal dispomos dun sensor de 8 megapíxeles, neste caso sen flash.

A súa batería é de gran capacidade, concretamente 5080 mAh, con capacidade de carga rápida, aínda que non de carga sen fíos. Non conta con NFC, e e o posicionamento témolo con A-GPS e GLONAS. Aínda que é un modelo dual SIM, a segunda tarxeta comparte espazo coa microSD, polo que só poderemos optar por unha ou outra cousa.

O trebello vaise pór á venda ao longo deste mes de decembro a través das páxinas habituais de importación de modelos chinses.

Sobre o autor

Reply