Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, tenos acostumadas a promocións nas que os “gigas” de balde son os grandes protagonistas, e coa chegada do Nadal volve repetir esta mesma estratexia comercial.
Deste modo, a operadora ofrece tanto ás actuas como ás novas clientas que leven a súa liña de móbil a Lowi 25 GB de datos para disfrutar entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro. Para disfrutalos é preciso acceder á aplicación e activar manualmente a promoción en cada unha das liñas que se teñan contratada.
A esta promoción hai que engadir que durante o mesmo período promocional as novas clientas de produtos converxentes poderán levar un Xiaomi RedMi S2 por 1 €/mes durante 24 meses.
Un ano de melloras e promocións
Con esta promoción Lowi culmina un ano cheo de agasallos e novidades, nas que se puido contratar durante dous meses fibra e móbil con 20 GB por 34,95 €/mes para sempre, melloráronse as tarifas (reducindo prezos e aumentando os datos) e aumentouse a velocidade da fibra de 50 a 100 Mbps.
Ademais, a compañía agasallou, ademais destes 25 GB polo Nadal, 60 GB durante o verán e 1000 terminais con motivo do Black Friday.ono regalo de 60 Gigas gratis para todos en verano.