HDM Global, o fabricante que adquiriu os dereitos sobre a marca Nokia, anunciou a chegada do novo Nokia 3.1 Plus ao noso país. Trátase dun dispositivo Android One que conta cunha pantalla HD+ de 6 polgadas con relación de aspecto 18:9, o máis habitual nos dispositivos destes tempos.
O fabricante destaca o apartado fotográfico deste modelo, xa que ao contar con dobre cámara traseira axuda a potenciar o efecto de desenfoque bokeh, grazas ás súas cámaras de 13 e 5 megapíxeles; na parte frontal do dispositivo temos un sensor de 8 megapíxeles.
Polo demais, no seu interior leva un procesador MediaTek Helio P22 e unha batería de 3500 mAh de capacidade, que serán suficientes para completar o día sen dificultade. Dispón de 32 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD) e unha RAM de 3 GB.
En canto á súa dispoñibilidade, o Nokia 3.1 Plus está á venda nas tendas Media Markt, quen o comercializa en exclusiva até o próximo 7 de xaneiro por 199 euros. No noso país, Media Markt conta con establecementos en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Lugo.