Tidal anuncia My Mix, unha colección musical personalizada

A plataforma de música e entretemento Tidal vén de anunciar unha serie de avances nas experiencias sonoras das usuarias co lanzamento de “My Mix”, a recopilación de cancións personalizada, e unha mellora das funcións radio de artista e radio de cancións.

A través dun algoritmo propio que combina os datos dos gustos musicais das usuarias e as aportacións das listas de reprodución de Tidal (seleccionadas por persoas), My Mix ofrece ás oíntes unha oportunidade única para descubrir nova música e escoitar os favoritos de sempre con tan só pulsar un botón.

Logo dun tempo inicial de aprendizaxe, xéranse unha serie de recopilacións (seis como máximo) de 50 cancións cada unha, cunha combinación de éxitos, novidades e clásicos, todo ilo baseándose nas cancións máis escoitadas polas usuarias.

Cada “My Mix” segméntase en función dos artistas e xéneros, e as mixturas renovaranse regularmente, con actualizacións diarias para os membros máis activos. A medida que as usuarias interactúan con My Mix a frecuencia e duración de escoita de cancións seguirán mellorando os resultados.

Tanto a radio como My Mix estarán dispoñíbeis para as usuarias de Tidal en todo o mundo coa última versión da aplicación. Se aínda non usastes este servizo musical, como oferta promocional até o 2 de febreiro pódese disfrutar de 3 meses por 0,99 euros (ou 1,99 € na versión HiFi):

Sobre o autor

Reply