Vodafone Pass por 1 euro, a nova promo de Vodafone Yu

Vodafone Yu celebra o período de rebaixas cunha oferta para todos os bonos Vodafone Pass, de maneira que as usuarias poderán disfrutar destes pases de gigas ilimitados por tan só un euro, en lugar dos tres euros que custan habitualmente.

Vodafone Pass son uns bonos polos cales as clientas da compañía poden empregar datos ilimitados en certas aplicacións agrupadas por temáticas (sociais, vídeo, música…), conservando os datos da súa tarifa para o resto apps ou navegación. As aplicacións incluídas en cada “Pass” son as seguintes:

  • Social Pass: Twitter, Instagram, Facebook, Snapchat, TikTok, Tinder, Linkedin e outras 9 apps sociais.
  • Video Pass: Netflix, HBO, YouTube, Amazon e outras 21 apps de vídeo.
  • Music Pass: Spotify, Apple Music, Tidal e Deezer.
  • Chat Pass: WhatsApp, Telegram, Message+, WeChat e IM Line.
  • Maps Pass: Google Maps, Waze, Runtastic e TomTom.

A promoción é compatíbel con todas as tarifas Vodafone Yu de prepago (Yuser, Súper Yuser e Mega Yuser) e para poder disfrutala hai que activar algún Vodafone Pass ou renovar a súa subscrición entre o 8 de xaneiro e o 3 de marzo deste 2019.

Sobre o autor

Reply