Acer anuncia o seu primeiro Chromebook con procesadores AMD serie A con gráfica Radeon

No marco do CES 2019 que se está a celebrar estes días en Las Vegas, Acer anunciou a expansión da súa liña de Chromebook de 15,6 polgadas co seu primeiro modelo baseado en AMD, o Acer Chromebook 315.

Equipado cos procesadores AMED A6-9220C ou A4-9120C de sétima xeración con gráficas Radeon, este novo modelo é capaz de executar comodamente as aplicacións máis exixentes, ao tempo que mantén abertas múltiples pestanas ou extensións.

A súa pantalla é de 15,6 polgadas e leva resolución Full HD (1920 x 1080), e conta cun ángulo de visión de 178 graos. Ademais, a súa cámara web HD ten tamén un amplo campo de 88 graos, o que permite facer videochamadas de grupos sen problemas de que alguén quede fóra da imaxe.

En canto ao audio, dispón un sistema formado por dous altofalantes completos en posición ascendente rodeando o teclado, con soporte para son en alta definición e que ofrecen un mellorado rango de volume e audio.

O teclado é retroiluminado, e entre as opcións de conexión temos dous portos USB tipo C de primeira xeración, un en cada lado do dispositivo, ademais de WiFi 802.11ac 2x2MIMO, Bluetooth 4.2, dous portos USB 3.0 e jack de audio.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Acer Chromebook 315 chegará tanto con pantalla táctil (CB315-2HT) como non táctil (CB315-2H), con até 8 GB de RAM e 32 GB de almacenaxe interna. No noso país poderase mercar a partir de 349 euros.

Sobre o autor

Reply