Orange probará o 5G en Santiago e Vigo durante o 2019

A operadora Orange vén de confirmar o seu interese en situar Galiza á vangarda das novas tecnoloxías, ao incluír as cidades de Santiago de Compostela e Vigo nos seus plans para desenvolver as probas piloto de redes 5G durante este 2019.

En concreto, os plans de Orange apuntan a levar a cabo probas sobre escenarios de uso reais nos sectores da industria, a loxística, o turismo, a educación e a sanidade.

Os casos de uso sobre os que está a traballar Orange – e que aínda están en fase de planificación, levaranse a cabo no marco do programa de axudas desenvolto polo Ministerio de Economía e Empresa a través da entidade pública Red.es, do que a empresa ambiciona ser beneficiaria para poder executar os proxectos.

A elección de Galiza como un dos territorios nos que Orange proxecta levar a cabo experiencias de uso de 5G enmárcase no compromiso inversión que están a levar a cabo, tanto despregamento de redes de nova xeración, fibra e 4G, algo que é evidente na mellora da cobertura móbil experimentada nos últimos meses e no aumento do número de unidades inmobiliarias con acceso á fibra FTTH.

A compañía ten previsto pechar o 2019 con preto de 560.000 fogares e empresas conectadas por fibra óptica, o que supón unha cobertura aproximada do 53% sobre o conxunto de vivendas do país, distribuídas en 40 concellos.

Sobre o autor

Reply