Os operadores que forman parte do Grupo Euskaltel (R, Euskaltel e Telecable) veñen de converterse no primeiro operador en incorporar o servizo Amazon Prime Video dentro dos seus descodificadores 4K con Android TV.
A compañía suma este servizo á súa oferta de televisión grazas a un acordo asinado con Amazon que refoza o seu actual plan de alianzas e de expansión, así como o obxectivo de ofrecer aos seus clientes a mellor experiencia de televisión á carta nos seus fogares.
A inclusión do servizo de Amazon Prime Video na súa Televisión, que o grupo Euskaltel xa empezou a ofrecer desde o inicio de 2019, permite que todas as usuarias dos descodificadores 4K Android TV poidan gozar dunha das grandes ofertas de vídeo baixo demanda, xunto con Netflix e HBO.
Coa subscrición de Amazon Prime, as clientas poderán ver películas e series, ademais de producións “Prime Originals”, como Six Dreams, The Grand Tour, The Marvelous Mrs. Maisel, Tom Clancy’s Jack Ryan, Homecoming ou The Man in the High Castle, así como “Prime Exclusives”, como Pequeñas Coincidencias.
Alén diso, a subscrición a Amazon Prime tamén benefician ás clientas dos envíos nun día de balde e ilimitados, o acceso instantáneo a máis de dous millóns de cancións co servizo de música en streaming Prime Music e almacenaxe de fotos ilimitadas na nube.
Acordo con Netflix
Este acordo con Amazon súmase ao que o grupo de operadoras de cable asinou con Netflix, outra das grandes plataformas de vídeo baixo demanda, grazas ao cal as clientas de R, Euskaltel e Telecable poden pagar a cota deste servizo na factura.