O asistente Samsung Bixby engade novos idiomas

Ademais de ter lanzado os Galaxy S10 e Galaxy Fold, Samsung tamén anunciou onte novidades en outros produtos, como o seu asistente persoal Bixby, que se actualiza para engadir novos idiomas.

En concreto, engadíronse catro novos idiomas (inglés británico, alemán, italiano e castelán), que se suman ao inglés estadounidense, coreano e chinés mandarín, no que xa se podía empregar desde hai varios meses.

Bixby é a plataforma escalábel de intelixencia artificial de Samsung, desenrolada para dar soporte aos diferentes dispositivos que se empregan na vida diaria a través dun asistente conversacional e persoal.

Ademais, as usuarias e determinados países europeos poden seleccionar novos servziso de terceiros para ter a mellor experiencia de usuario posíbel na súa área xeográfica. En concreto, en Alemania, Italia, Reino Unido e no Estado español, poderán usar o asistente no seu idioma nativo para reservar un voo, mercar online, atopar resultados de fútbol e acceder á información televisiva.

O soporte de Bixby nestes novos idiomas está dispoñíbel nos dispositivos máis punteiros de Samsung (Galaxy S10, S10E, S10 Plus, S10 5G e Galaxy Fold), así como tamén nos Galaxy S9 / S9 Plus, Note 9, Galaxy S8 / S8 Plus e Note 8.

Sobre o autor

Reply