Samsung Galaxy S10 5G, o modelo máis ambicioso

Os tres modelos principais do Galaxy S10 (S10, S10 Plus e S10E) contan tamén cunha versión superior, o Samsung Galaxy S10 5G. O seu nome deixa pouco lugar ás dúbidas, e o seu factor diferencial é a conectividade 5G. Porén, esta non é a única diferenza cos outros trebellos, xa que temos tamén máis pantalla, máis cámara e máis batería.

Características

O Galaxy S10 5G conta cunha pantalla Dynamic AMOLED de 6,7 polgadas con curvatura, resolución Quad HD+ e formato 19:9. No seu interior leva o procesador Samsung Exynos 9820, xunto con 8 GB de memoria RAM e 256 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

A cámara frontal é un sensor dual pixel de 10 Mpx con apertura f/1.9, mentres que na parte traseira temos unha cámara formada por catro sensores: hQVGA (sensor 3D), 16 MP (gran angular f/2.2), 12 MP (principal) f/1.5-f/2.4 OIS AF, 12 MP (Tele) f/2.4 OIS AF .

A súa batería ascende aos 4500 mAh de capacidade, con carga rápida e carga sen fíos. Como opcións de conectividade temos 5G, LTE Cat20, Bluetooth 5.0, Wifi de dobre banda e NFC e USB-C.

Dispoñibilidade e prezo

Está previsto que este modelo chegue a comezos de verán, e aínda que o seu prezo aínda é unha incógnita sabemos que será superior ao resto de versións.

O modelo chega un pouco cedo, se temos en conta que aínda será este ano cando comecen as primeiras probas comerciais de 5G. En calquera caso, no noso país poderase empregar a través das compañías Vodafone, Orange e Telefónica, unha vez que habiliten a opción.

Sobre o autor

Reply