Oppo adianta as súas aportacións para o mercado do móbil do 2019

Oppo, a marca chinesa que actualmente ostenta o título da quinta marca máis grande de smartphones a nível mundial, presentou esta sábado as aportacións que fará durante este 2019 ao sector da telefonía móbil, e que pasan polo 5G e un zoom lossless 10x.

Segundo apuntaron desde a compañía, a súa aposta está en fomentar o I+D, o que lles permite levar a cabo avances en liñas como as conexións 5G, a intelixencia artificial ou a realidade virtual, tecnoloxías que cada vez demandan máis usuarias.

Nesta liña, traballan con Qualcomm, o principal fabricante de microprocesadores a nível mundial, quenes tamén estiveron presentes na xuntanza convocada por Oppo. Desde Qualcomm aseguraron que o primeiro smartphone 5G da compañía chinesa integrará o procesador Snapdragon 855, o modelo referencial que están a empregar moitas das marcas nos seus buques insignia deste ano.

Por outra banda, na parte fotográfica destaca a aposta polo zoom “lossless” 10x, unha nova tecnoloxía que, como indica o seu nome, aspira a facer zoom sen perdas. Para iso emprega unha cámara de triple lente composta por un teleobxectivo, un obxectivo gran angular e unha cámara principal, ao que Oppo engade establización óptica de imaxes (OIS) tanto para a cámara principal como para o teleobxectivo, conseguindo unha mairo precisión anti vibración.

Sobre o autor

Reply