A cámara do S10+ é tan boa como pensabamos

Samsung está de noraboa, pois no medio de todo o ir e vir de novos terminais ligados ao Mobile World Congress vense de saber que a cámara do seu novo Galaxy S10+ vén de acadar o primeiro posto no ránking deDxOMark.

Este ránking califica tanto a cámara frontal coma a principal, acadando a mellor calificación en ambos dous casos. DxOMark califica as fotos en base á súa calidade dando un puntuación para cada unha obtendo ao final unha puntaxe global, é dicir, non é unha nota á mellor foto nunha situación concreta, senón a un conxunto de fotos para acadar unha calificación o máis realista posíbel.

Para acadar este resultad, fixéronse probas coa triple cámara do S10+ analizando a exposición e contraste, cor, autofoco, textura, ruído, flash, estabilización (para vídeo), zoom e bokeh; así mesmo, tamén se fixo o propio coa cámara dos selfies. Deste xeito, a cámara dianteira acada un 96, mentres que a principal chega a unha puntaxe global de 109.

Sen dúbida, estas probas respaldan a boa calidade do terminal no seu conxunto e das cámaras en particular, polo que podemos concluír que malia o prezo, o terminal é unha aposta segura se andamos na procura dun smartphone de primeiro nível e nos interesa a fotografía.

Sobre o autor

Reply