Samsung presenta 3 novos wearables

Durante o Mobile World Congress deste ano, demostrouse que Samsung segue a apostar polos trebellos que se conectan ao smartphone para complementalo. Deste xeito, puidemos ver tres novos wearables, o Galaxy Watch Active, o Galaxy Fit e ous auriculares Galaxy Buds.

Galaxy Watch Active

Un dos trebellos que queríamos ver era o novo reloxo intelixente de Samsung, do que podemos destacar o seu deseño, máis deportivo e minimalista. Ademais é un modelo lixeiro e conta cunha morea de correas de cores para poder elixir a que mellor nos sente.

En canto ás súas características, destacamos a posibilidade de medir ao exercicio físico, a calidade do sono e nível de estrés polo que o novo Galaxy Watch Active, pasa a ser o noso adestrador persoal.

Galaxy Fit e Galaxy Fit E

Pola súa banda, a familia Galaxy Fit vai dirixida aos amantes do deporte, que os axuda a medir día a día o seu rendemento físico. Pois de xeito automático é quen de medir até 90 tipos de actividades diferentes grazás á app Health de Samsung para o smartphone. Vencellando a app ao Galaxy Fit, podemos monitorizar o tipo de exercicio seleccionado.

As principais diferenzas entre o Galaxy Watch Active e os Galaxy Fit, é que o reloxo, conta cunha pantalla maior o que pode axilizar certas interaccións co trebello, pero os Galaxy Fit, contan cunha maior autonomía e menor prezo.

Galaxy Buds

Para rematar, queremos achegarvos os Galaxy Buds, os novos auriculares sen fíos de Samsung. Este novo gadget conta cun pequeno tamaño que os fai moi cómodos no día a día ademáis de ofrecer unha boa calidade de son sen interrupcións durante 6 horas ao día. Ademáis, a súa funda conta cunha batería que lle pode proporcionar 7 horas extra de autonomía, precisando tan só de 15 minutos, para extender a mesma até case 2 horas.

Por outra banda, estes novos auticulares son quen de conectarse con Bixby e só coa voz interactuar co asistente sen ter que sacar o terminal do peto.

Os Galaxy Buds pódense conseguir totalmente de balde se se fai a pre-reserva do Galaxy S10 ou do Galaxy S10 Plus antes do 7 de marzo.

Sobre o autor

Reply