Telefónica únese a Facebook para expandir a conectividade en zonas rurais de Latinoamérica

Teléfonica anunciou no Mobile World Congress a súa integración, xunto con Facebook, BID Invest e CAF (o banco de desarrollo de América Latina), no programa Internet para Todos (IpT) Perú.

Trátase da creación dun operador maiorista de infraestruturas de telecomunicacións de acceso aberto que busca reducir a fenda dixital en Latinoamérica. O seu obxectivo é levar a banda ancha móbil ás poboacións máis remotas, onde o despregamento de infraestruturas convencionais é excesivamente custoso.

Uns 100 millóns de persoas, aproximadamente o 20% da poboación da rexión, non conta con acceso axeitado a Internet móbil; polo tanto, a misión de IpT Perú é a de reducir esta fenda para conectar ás comunidades rurais de Perú, permitindo a calquera operador móbil empregar a súa infraestrutura 3G e 4G e comercializar os seus servizos de comunicacións sobre esta infraestrutura.

Do éxito de IpT Perú depende que o proxecto teña continuidade noutros países de Latinoamérica e o Caribe, polo que debemos estar ao tanto de como evoluciona.

Sobre o autor

Reply