SanDisk anuncia a tarxeta de 1 TB máis rápida até o de agora

O fabricante de memorias e discos Western Digital vén de anunciar no Mobile World Congress a súa nova tarxeta microSD de SanDisk de 1 TB que pode presumir de ser a máis rápida do mundo.

Coa nova tarxeta as usuarias almacenar e administrar grandes cantidades de arquivos, especialmente fotos e vídeos, en alta calidade, algo que é de agradecer se temos en conta que os nosos dispositivos son cada vez máis potentes e permiten tomar imaxes cunha calidade moi superior.

A nova tarxeta SanDisk Extreme UHS-1 de 1 TB acada velocidades de até 160 MB/s, o que significa que as consumidoras poden transferir arquivos en case a metade de tempo que nas tarxetas microSD UHS-I estándar.

Así mesmo, esta nova tarxeta Extreme tamén estará dispoñíbel nunha capacidade de 512 GB e contará coa especificación A2 para lanzar e cargar aplicacións a gran velocidade.

Ambas as dúas, a de 1 TB e a de 512 GB chegarán ao mercado no mes de abril por 499,99 euros e 199,99 euros, respectivamente.

Sobre o autor

Reply