Archos presentou unha base de son e a nova Oxygen 101S

Archos segue apostando polas tablets coma asistentes no fogar. Por isto, vén de presentar no Mobile World Congress a Oxygen 101S una tablet de calidade que se complementa cunha base que serve para recargala que ademáis conta con altofalantes.

Con esta combinación e a presenza de Android no seu interior, podemos empregar Google Assistant para o que desexemos a tempo real, desde o típico “que tempo fará hoxe” ou reproducir unha listaxe de música, a tarefas máis novedosas coma o encendido de luces e manexo de cámaras de seguridade e sistemas de climatización.

Para poder usar con axilidade e obter así unha boa experiencia de uso, Archos incorporou chip de Mediatek Helio X20 deca-core e 3 GB de RAM, e correndo baixo Android 9. Ademáis conta cunha pantalla de 10,1″ é de tecnoloxía IPS e FHD, e a batería de 6000 mAh, garante unha xornada de automonía sen moitos apuros.

Pola súa banda, a base de son (ou “Sound Dock”) conta con son tipo envolvente e dous altofalantes que lle proprocionan unha calidade e potencia superiores.

Tanto a Oxygen 101S coma o Sound Dock, saen ao mercado no mes de maio por un prezo de 169€ o conxunto.

Sobre o autor

Reply