Durante o Mobile World Congress a operadora Orange presumiu da capacidade das súas redes de nova xeración, tanto en termos de velocidade como de novos servizos, no terreo preparatorio para a chegada do 5G.
50 Gbps en fibra óptica
No que ten a ver coa rede de fibra óptica, Orange acadou un novo récord, chegando até os 50 Gbps, case o dobre do conseguido durante a anterior edición do Mobile World Congress, hai xusto un ano.
Para tratar de amosar que partido pode ter isto, a compañía levou a cabo demostracións de televisión en 3D (sen necesidade de usar lentes), que empregando a tecnoloxía de seguemento do ollo (eye tracking) consegue crear unha nova dimensión para o disfrute de contidos audiovisuais.
1 Gbps en GigaLTE
Por outra banda, empregando a agregación de portadoras nas bandas de 1800, 2600 e 2600 Extendend, a operadora conseguiu un velocidade móbil de case 1 Gbps, empregando para a proba o recén anuncia Sony Xperia X1.
Avances no 5G
Xa por último, Orange levou a cabo distintas experiencias de uso do novo estándar móbil 5G, que ilustran a baixa latencia desta tecnoloxía para aplicacións de robótica e control remoto.
En colaboración con Samsung, Cisco e Aeromedia amosaron a capacidade do 5G para controlar un drone situado no exterior da feira sen interferencias e en tempo real.
Como xa tiña avanzado, Orange fará as primeiras probas en sete cidades antes de final de ano, entre elas dúas galegas, Vigo e Santiago. Nestas probas porá en marcha 35 escenarios de uso da rede 5G para comprobar o seu funcionamento.