O Samsung Galaxy M20 chega ao noso país

En plena campaña de pre-reserva dos novos Galaxy S10 chega ao noso país o novo modelo e gama entrada de Samsung. Falamos do Samsung Galaxy M20, un dispositivo de gama media que conta cun pequeno notch e un prezo lixeiramente por riba dos 200 euros.

O trebello integra unha pantalla de 6,3 polgadas con tecnoloxía TFT e resolución 2340 x 1080 píxeles, e no seu interior leva un procesador de fabricación propia, o Samsung Exynos 7905 (octacore, 2 x Cortex A73 a 1,8 GHz e 6 x A53 a 1,8 GHz), con dúas combinacións posíbeis de RAM e memoria interna, 3 + 32 GB ou 4 + 64 GB, en ambos casos ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 512 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal con dobre sensor, un principal de 13 Mpx e un secundario de 5 Mpx para gran angular, que teñen respectivamente, apertura f/1.9 e f/2.2. Na parte de diante temos unha cámara de 8 Mpx con f/2.0.

Completando a listaxe de especificacións temos a integración de Bluetooth 5.0, WiFi 802.11a/b/g/n/ac, NFC para pagos móbiles, jack de audio 3.5 mm, sensor de pegadas dixitais e unha batería de 5000 mAh, unha capacidade máis ca interesante para un dispositivo de estas características.

Dispoñibilidade e prezo

O modelo de 3 + 32 GB xa se pode encargar en liña a través de PC Componentes e Amazon por 229 euros en azul e negro. Polo modelo de 4 + 64 GB hai que esperar uns días máis, xa que non se porá á venda até o día 11.

Sobre o autor

Reply