Así é o novo Meizu Note 9

Coincidindo co anuncio do Redmi Note 7 o tamén fabricante chinés Meizu deu a coñecer o Meizu Note 9, o primeiro dispositivo da compañía que integra notch, aínda que dos de “pinguiña” na parte superior.

O dispositivo chega cunha pantalla de 6,2 polgadas, con formato 18,7:9 e resolución FullHD+ (2244 x 1080 píxeles), e a potencia venlle dada por un procesador Qualcomm Snapdragon 675, que está acompañado de 4 ou 6 GB de RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

Na cámara frontal aposta por un sensor de 20 Mpx con apertura f/2.0, mentres que na parte traseira temos unha cámara Samsung de 48 Mpx con f/1.7 e un sensor adicional para o efecto de desenfoque de 5 Mpx.

A batería sitúase nos 4000 mAh de capacidade, con carga rápida, mentres que o sistema operativo é Android 9 Pie coa personalización Flyme 3.0. Conta con minijack de audio, lector de pegadas dixitais, USB C e Bluetooth 5.0

Dispoñibilidade e prezo

Polo de agora Meizu ten confirmada a súa dispoñibilidade na China, sen que haxa novas de se vai poñerse á venda noutros territorios.

Cando menos aló haberá tres versións (4+ 64 GB, 6 + 64 GB, 6 + 128 GB), dispoñíbeis en negro, branco e azul. Os seus prezos oscilan entre os 180 e os 230 euros ao cambio.

Sobre o autor

Reply