Lowi axusta as tarifas e reduce as opcións

Lowi, a marca de baixo custe do grupo Vodafone, vén de realizar un novo cambio nas súas tarifas, desta vez para simplificar a oferta e mellorar substancialmente algún dos plans.

O primeiro cambio que atopamos é que se elimina o plan de 1 GB por 5,95 €/mes, de maneira que a opción máis básica é agora de 3 GB por 6,95 €/mes, con chamadas a 0 céntimos nas que só se paga o establecemento a 18,15 céntimos.

A opción de 12 GB sen bono de voz (10,95 €/mes) tamén se elimina, polo que as usuarias que queiran ter esta capacidade de datos deberán pagar 14,95 €/mes nos que se inclúen 150 minutos ou 17,95 €/mes se prefiren chamadas ilimitadas. A opción con 23 GB non permite tampouco escoller bono de minutos, polo que directamente hai que ir á opción de chamadas ilimitadas.

Resumindo, as usuarias de Lowi agora contan con 6 opcións para oferta só móbil:

  • 3 GB + chamadas a 0 cént (est. 18,15 cént): 6,95 €
  • 3 GB + 150 minutos: 9,95 €/mes
  • 3 GB + ilimitadas: 11,95 €/mes
  • 12 GB + 150 minutos: 14,95 €/mes
  • 12 GB + ilimitadas: 17,95 €/mes
  • 23 GB + ilimitadas: 19,95 €/mes

O que non muda é a oferta combinada fibra e móbil, onde Lowi ofrece tres opcións con fibra de 100 Mbps sen teléfono fixo:

  • Fibra + móbil (3 GB + ilimitadas): 38,95 €/mes
  • Fibra + móbil (12 GB + ilimitadas): 41,95 €/mes
  • Fibra + móbil (23 GB + ilimitadas): 44,95 €/mes.

Como xa temos comentado, a fibra de Lowi non ten teléfono fixo asociado.

Sobre o autor

Reply