Fíltrase o Samsung Galaxy A2 Core

Con todos os anuncios e a competencia que hai na gama alta, a información sobre os modelos máis básicos (moitas veces os máis vendidos) pasa desapercibida. Hoxe queremos falarvos do Samsung Galaxy A2 Core, o teléfono máis básico de Samsung que vén de ser filtrado.

A diferenza de todos os modelos da compañía que vimos coñecendo nos últimos meses, este trebello si que dispón de xenerosos marcos, tanto na parte superior como na inferior.

Das súas especificacións pouco se sabe, máis aló de que contaría cun procesador Exynos 7870, xunto con 1 GB de memoria RAM. O sistema operativo podería ser Android Go, é dicir, a variante de Android máis lixeira, o que tamén suporía ser o primeiro modelo de Samsung sen a capa de personalización.

Polo de agora descoñécese a data da súa presentación, mais atendendo á que aparece na pantalla podería ser o 22 deste mesmo mes.

Sobre o autor

Reply